O SANGUE
"Na cruz de Cristo non só se cumpriu a redención mediante o sufrimento, senón que o mesmo sufrimento humano quedou redimido". San Xoán Paulo II
San Mateo describe a paixón e norte de Xesús como un bautismo de sangue, sangue que se derrama para a salvación de toda a Humanidade. O sangue derramado na cruz é signo de vida e de salvación. O sangue compártese, é signo de entrega e amor, co sangue redímense os pecados. Dalo sangue é dar vida. Xesús entrega a súa vida para darlle vida á Humanidade. Dando o seu sangue ensínanos o amor sen límites de Deus Pai. O Bautismo de Sangue fai tamén referencia a derramar o sangue, a perder a vida no nome de Cristo. A Historia da Igrexa é a historia de homes mulleres que entregaron a súa vida e morreron pola súa fe en Cristo.
O Cristianismo é, por excelencia, a religión que da resposta e sentido á dor, á norte e ao sufrimento dos homes. Sen morte e dor non hai resurrección. Pola Resurrección Xesús dalle un novo sentido á dor, á norte e ao sufrimento, que non poden ser dende entón a derradeira palabra da realidade. Sen cruz non hai resurrección, e sen resurrección non hai Vida Eterna. A cruz é sangue que se entrega para dar vida, a VIDA ETERNA, A VIDA EN DEUS.
