Vida Eterna

VIDA ETERNA é VIDA logo de amar e ser amado por un ser que faleceu. Non podemos comprender o senso da nosa existencia sen a pregunta polo alén. A VIDA ETERNA é VIDA EN DEUS aquí e agora para o crente. Para o que non cré é unha cuestión lexítima e precisa con resposta aberta que convidamos a nos facer e a contestar.

O esencial é invisible aos ollos

É un absurdo pensar e crer que vimos da nada, que vivimos para nada e que imos cara á nada. O noso ser, o noso instinto, o noso entendemento e a nosa razón rebélanse contra tal suposto. Entender a vida humana para os cristián, é tamén para os non cristiáns, é crer que vimos e imos cara a Deus e que estamos chamados a participar da VIDA ETERNA de Deus, a unirnos a Deus para formar parte do seu Ser. ¿Y quén é Deus? Deus é Esencia Invisible, Intelixencia Suprema e Amor Absoluto. Deus é dende sempre, é seguerá a ser o Misterio Tremendo e Fascinante da vida.

¿Qué é un memorial?

Un MEMORIAL é un acto de homenaxe en memoria de alguén que faleceu. A finalidade é renderlle honras para que se manteña na lembranza e se faga memoria sobre algún feito ou sobre algunha persoa coa finalidade de que non sexa esquecida e permaneza viva no recordo da actual geración e das xeracións vindeiras. O obxetivo é renderlle honras e manter viva a memoria dun ser querido que faleceu. 

¿Por qué un memorial?

Este Memorial é unha homenaxe a todos aqueles homes e mulles de ben, algúns de renome e outros que viviron e morreron case no anonimato, pero que o relato das súas vidas é unha historia de fe, de traballo, de entrega e amor aos demáis. En definitiva, de santificación e de santidade. Son historias de Amor a Deus, historias de Amor ao traballo, á familia ou aos amigos, historias de loita e superación, historias de experiencias de morte e Resurrección. Son historias de Amor, historias de vida en comuñón con Deus, e, polo tanto, de santidade. O silencio, a morte, a soidade eterna ou o anonimato non poden ser a derradeira palabra da vida. Este Memorial é unha homenaxe a todos aqueles homes e mulleres que fixeron das súas vidas un testemuño de fe en Xesús de Nazaret, morto e Resucitado. Este feito fainos partícipes da VIDA ETERNA.

crea o teu propio memorial

!Quero
coñecer!

Coñece os elementos que axudan a explicar o concepto de VIDA ETERNA. Lembra que ter fe non é unha decisión a cegas. Para crer antes hai que coñecer.

!Quero
crer!

Aprende a trascender. A fe é trascendencia. Coñece os camiños a través dos que Deus se manifesta e onde podemos atopalo. Vivimos para trascender.

¡Quero render homenaxe!

Rende homenaxe, fai memoria dun ser querido falecido. Non permitas que caia no esquecemento. Comparte os momentos máis senlleiros da súa vida. ¡Fai que viva!

¡Quero sentir a súa cercanía!

Pide a súa intercesión, pide perdón, da grazas, perdoa a un ser que faleceu. Faille ofrendas. Consolarate. Todo iso fará que te sintas ben contigo mesmo e poderás sentir a súa proximidade.

Quero crear o meu memorial agora.

Rende homenaxe, comparte o relato da vida dun ser querido falecido, comparte as túas lembranzas, vivencias e momentos máis importantes. Adícalle unhas palabras de lembranza e de pésame aos seus familiares. ¡Fai vivir a súa memoria! Tamén podes facerlle ofrendas ou compartir fotos e videos. ¡Non deixes que caia no esquecemento!