FE
"Temos que liberanos da falsa idea de que a fe a non ten nada que dicirlle aos homes de hoxe en día" Papa Bieito XVI
¿A fe en qué? Na Resurrección. ¿Qué é a fe en Cristo Resucitado? É a fe na que Deus é Pai, que se fai home para salvar o mundo e que resucita logo da norte na cruz. Sen resurrección, nin a vida nin a Igrexa teñen sentido. A morte e o sufrimento terían a derradeira palabra da realidade. A fe na Resurrección é fe en Cristo Resucitado, é a fe en Xesús de Nazaret, que nos ensina o camiño que leva á VIDA ETERNA. A vida de fe e a vida na que sabemos que participamos desa Vida Eterna.
Para os cristiáns a vida vence á morte, precisamente porque a morte é a porta de entrada a unha nova vida, a vida con Deus Pai: del vimos e cara Él imos. A Vida Eterna é a vida en Cristo Resucitado. A vida eterna é comuñón con Deus, é a participación na vida divina e unha visión de Deus a través da figura de Xesús.
“Eu son o Camiño, a Verdade e a Vida, dí o Señor. Ninguén ven ao Pai senón é por min” (Xoán 14,6)
"O que é xusto vivirá pola fe" San Paulo (Rm. 1,17).