A vida eterna

A VIDA ETERNA, A VIDA EN DEUS

 Na sociedade moderna, básicamente só hai dous modos de vivir e de entender a vida.Só existen dous principios ou realidades. Tal vez dous paradigmas. O dos que viven A VIDA e a súa existencia ignorando a Deus ou á marxe de Deus, e o daqueles que viven a vida vida participando da VIDA ETERNA de Deus. Os primeiros pasan pola vida sen coñecer nin experimentar a trascendencia. Os segundos, pola contra, viven unha vida aberta a Deus e á trascendencia. Par aqueles que viven a vida á marxe de Deus, a norte representa a fin, o paso cara á nada. Para os demáis, pola contra, a norte é a porta á plenitude da Vida Eterna en Deus. Trátase de dous iveis existenciais paralelos que tan só conflúen para o crente, porque só se pode vivir unha vida plena cando un é quen de participar da Vida Eterna. E iso só e posible cando a vida está fundamentada en Deus Pai.

A Vida Eterna non é unha realidade que comeza logo da norte. Non é un engadido, non é un despois, nin se trata dun futurible. Ben ao contrario, a Vida Eterna é un AQUÍ E AGORA para o crente. É unha realidade que aquí e agora o crente pode vivir e experimentar na súa historia persoal, grazas á fe na Resurrección de Xesús e ao sacramento da Eucaristía.

As vivencias de Deus e da Resurrección que experimenta o crente no seu camiño pola vida, así como as diferentes dimensión da trascendencia dentro da historia, como son a familia, os amigos, o froito do traballo, as crenzas e valores, os retos e dificultades ou os éxitos persoais e colectivos,todos eles son elementos que constitúen dimensión e momentos da Vida Eterna na historia humana. Estas manifestacións constitúen o que o individuo deixa neste mundo cando more, e son manifestacións de Deus dentro da Historia Humana.

Para os non crentes só hai unha vida. A vida comeza e remata en sí mesma. Para os cristiáns, pola contra, polo bautismo somos constituidos membros dunha Comunidade de fe: a Igrexa, e somos chamados a participar da Vida Eterna, a Vida en Deus. A Vida en Deus consiste en experimentar o seu Amor grazas á fe na Resurrección e grazas á Eucaristía. Participar da Vida Eterna é formar parte do Amor Absoluto de Deus, que segue alimentando e dándolle sentido ás vidas de homes e mulleres, de xeración en xeración.

A Vida Eterna é vida en comuñón con Deus. A norte é a porta á plenitude da Vida en Deus e con aqueles seres queridos que faleceron e que xa viven en Deus, xa que logo forman parte da realidade divina. Trátase dun proceso de divinización do ser humano.

Non hai dúbida de que algo dentro de nós se resiste a aceptar o absurdo de que existimos por nada e para nada. É unha fonda convicción que forma parte do ser humano dende que existe como tal. A meirande parte da Humanidade mantense dentro das grandes correntes relixiosas que aceptan a existencia doutra vida. Dende hai milenios os homes de todas as culturas teñen confiado en que os mortos sobreviven dalgún xeito. Todas as relixións ensinan que Deus nos creou, que debemos querernos e que trala norte gozaremos dunha maior proximidade con Deus noutra vida. A novidade do Cristianismo é que polo bautismo e a resurrección de Cristo esta Vida Eterna do alén pode vivirse xa aquí e agora polo sacramento da Eucaristía e das experiencias de Resurrección que o ser humano ten na súa vida persoal e que se convirte nunha historia de salvación e de santificación.

A pregunta polo alén axúdanos a comprender e a vivir con plenitude o sentido do aquí e o agora. Non podemos eliminar la pregunta polo alén. Trátase dunha cuestión necesaria e lexítima que a sociedade actual omite, pero que forma parte da Historia da Humanidade. Na Era Dixital, continúa a ser unha pregunta esencial. Para entender o aquí e agora cómpre tentar responder á pregunta polo alén. Este é o sentido deste proxecto.