A FAMILIA

“O matrimonio é unha vocación divina. “San Xosemaría Escrivá de Balaguer

A familia é unha vocación. É o gran proxecto vital por excelencia de toda vida. Todos estamos chamados dalgún xeito a formar unha familia. A familia constitúe o proxecto fundamental da vida. A familia dá sentido á vida porque os fillos son o sentido da vida. Por mor da evolución da vida moderna a familia ten evolucionado e agora hai diferentes xeitos de familia. Pero o importante non é o seu xeito, senón a súa substancia, isto é, que estean fundamentadas no Amor e sexan unha canle de transmisión do Amor de Deus.

A familia non é o problema como se pretende en certos ámbitos da vida moderna. A familia é a solución. Disfuncións económicas, sociais e culturais da nosa sociedade están relacionadas co feito de que certos sectores da sociedade moderna deixaron de crer na familia, erosionando o seu rol e a súa función, feito que ten convertido á familia na caixa de resonancia de todas as contradiccións da nosa sociedade.

Pero malia isto, é no seo da familia onde pode un atopar e descubrir auténticas historias de amor, de entrega e de sacrificio polos demáis. De aí o carácter santo da institución familiar.

A familia constitúe a célula básica da sociedade, o primeiro nivel de protección do individuo fronte á sociedade e o Estado. A familia aporta dous recursos fundamentais: soporte afectivo, isto é, amor, xa que na familia apréndese a querer, e por otra banda, soporte económico, porque a través da familia satisfácense as necesidades básicas da persoa. A familia constitúe porén, a célula básica de protección do individuo, e evita que o individuo quede á intemperie fronte a un Estado omnipresente e omnipotente ou unha sociedade baleira de valores. A través da familia afróntanse e supéranse as adversidades. Dentro da familia aprendemos a querer, a compartir, aprendemos o valor do diñeiro e do traballo, aprendemos a sacrificarnos e a esforzarnos, aprendemos a acadar metas. Todos vimos dunha familia, por imperfecta que poida ser, e todos estamos chamados dalgún xeito a formar unha familia. Quen non procrea apágase, extínguese en sí mesmo. Por iso a familia é sinónimo de trascendencia.

Unha sociedade que renuncia a procrear e a perpetuarse está condenada a desaparecer. Grazas á familia o individuo trascende a historia e perpetua a especie e o seu legado persoal.

“Os fillos son o sentido da vida.” Mosen Joan Trias Lladó.

“A familia é o primeiro ambiente onde un é consciente de ser amado polo que é e aprende a amar en relación cos demáis.” Mons. Fernando Ocáriz. Prelado del Opus Dei