A AMIZADE

"Non hai amor máis grande que aquel que da a súa vida polos seus amigos" (Xoán 15:13-17)

A amizade é por excelencia o ámbito afectivo da liberdade. A amizade é o meirande acto de liberdade. Tamén a nosa amizade con Xesús. A través dos amigos aprendemos a querer e compartir. Por iso é un don de Deus, e a auténtica amizade considérase unha graza de Deus. A amizade é, por todo iso, unha fonte de realización da persoa e de enriquecimento do noso ser. Unha auténtica amizade trascende a morte e é quen de superar os límites do tempo. Por iso é unha manifestación de Deus na historia, un elemento de transcendencia do individuo dentro da vida, así como unha pegada ou un legado que deixamos nas persoas que quixemos de xeito auténtico. A través da amizade trascendemos e o seu legado nos transcende dentro da historia.

"Sen amigos, ninguén querería vivir" Aristóteles

"O amigo seguirá sendo un amigo para sempre, incluso no máis alá" Refraneiro