ÉXITOS PERSOAIS E COLECTIVOS

“Reza coma se todo dependese de Deus. Traballa coma se todo dependese de ti." San Ignacio de Loyola

Os éxitos persoais e colectivos froito do esforzo do traballo son signos do paso do Señor polas nosas vidas, son signos de VIDA ETERNA, de paso de Deus dentro da historia, dado que eses logros trascenden as nosas vidas e a nosa historia.

O esforzo e o traballo son un instrumento fundamental de santificación e de busca e encontro con Deus. A través do traballo dámoslle sentido á existencia e servimos ao progreso persoal e humano, á familia, á sociedade e a Deus. Mediante o traballo e a fe descubrimos o que Deus agarda de cada un de nos, e creamos o relato da nosa historia de salvación persoal. O Amor de Deus encárnase a través do traballo. É nas pequeñas cousas onde descubrimos a Deus. Nos nosos logros froito do esforzo é onde contemplamos a súa grandeza. Por esta razón os éxitos persoais ou colectivos do traballo en equipo son manifestacións do paso de Deus pola nosa historia, son expresión de fe que trascenden a nosa existencia. O amor ao traballo e aos seus froitos é unha manifestación da vida en Deus, isto é, da VIDA ETERNA.

“ Eu podo facer cousas que ti non podes, ti podes facer cousas que eu non podo; xuntos podemos facer grandes cousas". Santa Teresa de Calcuta

''Con cada solpor pregúntome: que fixen hoxe pola miña inmortalidade?''. Oscar Wilde