MAL: PECADO

“Se Deus creou sombras é para resaltar mellor a luz.” San Xoán XXIII

O mal non é un lugar, é unha condición. É a ausencia de Deus, o alonxamento de Deus. O mal é unha realidade que forma parte da vida. Hai vida porque hai norte, hai ben porque hai mal. Hai luz porque hai tebras. Existe o mal e actúa cando nos alonxamos de Deus. O mal e o inferno son unha vivencia existencial real, unha experiencia existencial física e real. O inferno e o mal son a consecuencia do pecado.

¿Qué é o pecado? O pecado forma parte da vida e é inherente á nosa condición humana e á nosa limitación á hora de amar. É calquera acto voluntario de palabra, obra ou omisión que vai na contra de Dios, e como consecuencia, na contra do hombre. ¿Cando existe o pecado? Cando os nosos actos teñen como consecuencia a creación dunha dinámica de inxustiza e dor; cando os nosos actos desatan unha onda expansiva de sufrimento nun mesmo e/ou nos demáis. Todo acto ten unha consecuencia, e polo tanto, todo acto que vai contra Deus, contra as leis e as normas da Igrexa ou contra o home é pecado. Todo acto que xere unha dinámica de sufrimento e dor propio ou alleo, é pecado. Supón unha ruptura da relación entre Deus e o individuo, a ruptura da comuñón con Deus, a ruptura entre Vida e VIDA ETERNA, o que somentes poder ser corrixido a través do sacramento da confesión e do perdió por parte de Deus.

“O mal non é outra cousa que a corrupción ou a perda das características que constitúen todo ser. É o dano que reciben as criaturas en virtude da súa vulnerabilidade. " San Agustín de Hipona