O FROITO DO TRABALLO
“Sé fiel ás cousas pequeñas, xa que é nelas onde reside a forza. O que importa é canto amor poñemos no traballo que realizamos.”
O traballo é fonte de realización e de sustento económico e, polo tanto, de autonomía persoal. Todo ser humano está chamado á transformación do mundo e da sociedadE. Tamén o desenvolvimento persoal. Grazas ao traballo e ao resultado do traballo as persoas desenvolven as súas potencialidades ao servizo da familia e da transformación da sociedade. O traballo é un ben básico fundamental e necesario para o sustento da familia e para a realización persoal. O traballo é un elemento de santificación, porque a través do mesmo encárnase o amor de Deus nas nosas obras, transfórmase a sociedade e nos axuda a acadar a a perfección e a salvación persoal. O traballo e tamén un elemento de curación, porque a través do traballo aqueles que teñen enfermado atopan o camiño para rehabilitarse e recuperar as habilidades que perderan. O traballo é santo, porque é tamén unha vocación e unha chamada de Deus na terra. O resultado do noso traballo transfórmanos como persoas e trascende o noso ser. O resultado do noso traballo trascende a nosa vida, e por él perpetuamos o noso ser dentro da historia.
A través do traballo moitas persoas atopan a felicidade e a realización persoal. A Doutrina da Igrexa ensina que todos temos dereito a un traballo digno e que nos dignifique, isto é, nos santifique, porque a través do resultado do noso traballo transcendemos e forma parte do noso legado nesta vida.
“Deus chámavos a servilo en e dende os labores civís, materiais, seculares da vida humana: nun laboratorio, no quirófano dun hospital, na cátedra universitaria, na fábrica, no taller, no fogar de familia e en todo o inmenso panorama do traballo. Deus agárdanos cada día.” San Josemaría Escrivá de Balaguer
"A vida eterna é para os que con perseveranza nas boas obras buscan a gloria" San Pablo
"O eternidade está namorada das obras do Tempo». William Blake
