AS EXPERIENCIAS E MOMENTOS
"A felicidade está na túa cabeza, non depende da realidade" Enrique Rojas, catedrático de Psiquiatría.
A vida faise de vivencias e momentos. Os momentos e as vivencias perduran, poden transcender o noso ser despois da morte. As vivencias e os momentos poden ser unha manifestación de Deus na terra e, por outra banda, son unha manifestación do valor do tempo, da súa grandeza, pero tamén do carácter limitado e finito da vida.
A vida faise de vivencias e momentos que marcan a nosa existencia e o noso paso pola vida. Moitos deses momentos e desas vivencias son momentos e experiencias de resurrección ou momentos que supoñen un cambio de marcha dentro da historia das persoas. Deus fálalle aos homes e manifestase a través de feitos e/ou a través das persoas. Tamén a través das vivencias e momentos que experimentamos. Grazas á fe podemos entender e interpretar o paso de Deus pola nosa existencia, porque grazas á fe eses momentos e vivencias que poden semellar efímeras convírtense en manifestacións da VIDA ETERNA, da vida en Deus. Por iso precisamos unha actitude aberta cara a Deus e á trascendencia.
"Non hai mellor actitude que a que nace do corazón"
