CRENZAS E VALORES
“O amor é aquelo que pon aos libres en escravitude e dá liberdade á escravitude. “Beato Ramón Llull
As crenzas e valores trascéndennos e no,s fan trascender porque sobreviven á nosa existencia. A familia, a educación e a cultura dunha sociedade son elementos de transmisión de valores que mudan nun sentido ou noutro a nosa existencia persoal e colectiva.
As crenzas acadan eficacia dentro da historia a través das persoas, cando os individuos as convirten en realidade material dentro da historia. Existen crenzas e valores eternos: a liberdade, a igualdade e a xustiza. Son os valores que por excelencia teñen marcado o devir da historia persoal dos individuos e colectivos das sociedades. Pero si existe un valor poderoso por excelencia, ise é a LIBERDADE. As historias persoais ou as historias das sociedades están marcadas pola loita pola liberdade. Estes valores trascenden a historia porque se transmiten de xeración en xeración e porque son innatos no ser humano. A Igrexa é a institución depositaria dos valores sobre os que se fundamenta a sociedad occidental: A fe na salvación persoal, na liberdade, na xustiza social, nai gualdade e na solidariedade.
"Atopamos a este Deus invisible nas cousas máis visibles e materiais". San Xosemaría Escrivá de Balaguer.
"A fe non se opón aos teus ideais máis elevados, ao contrario, exáltaos e perfeccionaos". Papa Bieito XVI
