O ENSINO
"No solpor da vida, serás xulgado no amor". San Xoán da Cruz
Segundo Moisés, Cristo ou Mahoma existe un Deus que nos creou e nos ama, que debemos seguir unhas normas de convivencia baseadas no amor, e que, despois de morrer, a nosa vida prolóngase pero en diversa condición dacordo coa conducta que tivéramos neste mundo material. O esencial das tres principais relixións: cristiáns, xedeus e musulmáns, é que sobrevivimos dalgún xeito e que a outra vida depende desta.
¿Por qué un xuizo final? Para facer xustiza. Porque a VIDA ETERNA non se merca nin se agasalla, senón que se acada e se gaña. Xustiza para facer xustiza a quen durante esta vida non a puido ter neste mundo. Xustiza para quen nesta vida foi vítima da inxustiza dos homes. O sentido dun xuizo final non é condear, senón perdoar e salvar, porque grazas a Xesús sabemos que o Deus cristián é un Deus que ama. A inxustiza, o sufrimento, a dor ou a morte non poder ser a derradeira palabra da realidade para un cristián. Segundo a fe cristia, o Xuizo Final é un feito que ocorrerá ao remate dos tempos. Dito xuizo versará en torno ao que se teña feito ou non a prol dos demáis no decurso desta vida. Será un xuizo sobre a súa fame ou sede en todos os seus xeitos, sobre a súa saúde espiritual e sobre o uso da súa liberdade e o seu amor. Será un xuizo sobre a vida que a persoa levou na súa vida terrenal.
A natureza da alma despois da morte nunca se pode describir, nin é conveniente nin permisible revelar todo o seu carácter aos ollos dos homes. Os profetas e mensaxeiros de Deus foron enviados co único propósito de guiar á humanidade ao camiño recto da verdade. Bahá’u’lláh
»Traballa de forma que merezas o teu propio xuízo e o xuízo dos demais eternidade, que te fagas insubstituíble, que non mereces morrer». Miguel de Unamuno
