MORTE

“ La muerte no es nada, sólo he pasado a la habitación de al lado. Yo soy yo, vosotros sois vosotros. Lo que somos unos para los otros seguimos siéndolo. ” San Agustín de Hipona 

O cristianismo é a relixión por excelencia que dá sentido á vida e á morte, que dá sentido á dor e ao sufrimento. Grazas á Resurrección, os cristiáns celebramos que a vida vence á morte, que o perdón vence ao pecado, que a luz vence ás tebras, que a vida vence ao mal. O cristianismo dá sentido á vida e á morte, porque procedemos do Amor de Deus, vivimos para amar e morremos para resucitar e volver a Deus Pai. A morte pode ser unha liberación dunha vida de sufrimento e, polo tanto, a porta de entrada a unha vida mellor. Para os que teñen fe, a morte debería ser motivo de esperanza e alegría. É o paso á verdadeira vida, é un segundo e auténtico nacemento.

Sen resurrección a cruz non ten sentido. A dor e o sufrimento serían inútiles. Sen a Resurrección a Igrexa tampouco tería sentido. Para o cristianismo a morte é a porta á unión plena con Deus. A morte é o punto onde a VIDA e A VIDA ETERNA conflúen, coma un río vai na procura do seu oceano. A morte e por esa razón, tamén, a porta de unión cos seres queridos que xa faleceron.

Ser cristián supón aceptación tranquila e resignada da morte como culminación da vida. A morte é a porta de entrada da nosa vida á VIDA ETERNA EN DEUS, en comuñón plena con Deus. Pola morte a vida terrenal convírtese en VIDA ETERNA en Deus. Pola contra, A MORTE ETERNA non é un lugar creado por Deus, senón unha condición que o home elixe se rexeita o Amor: lonxanía de Deus e soedade absoluta.

"Este día que tanto temes porque é o último, é o amencer do día eterno".  Séneca

Referíndose á morte, »Quen podería afirmar que a eternidade de felicidade pode compensar un instante de dor humana?  Albert Camus