Auga

"A vida eterna é un aquí e agora para o crente" Mosén Jordi Gayà Estelrich, doutor en Teoloxía

Na meirande parte das relixións a auga é considerada como don sagrado que ten un significado de purificación, renovación, liberación, fertilidade y abundancia. A AUGA é a VIDA, e para os cristiáns un signo de purificación. A AUGA BAUTISMAL é o que nos fai partícipes da VIDA ETERNA, a vida en Deus.

¿Qué é o bautismo y para qué serve?

O bautismo fainos cristiáns e nos obriga. Polo bautismo Deus danos a VIDA ETERNA, fainos partícipes dunha NOVA VIDA, A VIDA ETERNA. Polo bautismo o noso EU queda transformado, xa que logo polo bautismo entramos a formar parte da vida eterna, a vida en Deus, aquí e agora. Polo bautismo entramos a formar parte da comunidade de fe, que é a Igrexa. Co bautismo comeza a nosa historia de salvación persoal. Polo bautismo queda perdoado o pecado orixinal e o home convértese en membro da VIDA ETERNA.

O bautismo obriga. Obriga a unha vida acorde con Deus. Polo bautismo comeza para o ser unha nova vida, a vida cristiá, a vida da comunidade de crentes en Cristo Resucitado, comeza unha nova vida, a Vida en Deus. A vida en Deis é a VIDA ETERNA. Polo bautismo SOMOS VIDA ETERNA, AQUÍ E AGORA.

“Somentes por hoxe serei feliz na certeza de que fun creado para a felicidade, non só no outro mundo, sinón tamén neste”. San Xoán XXIII